Catalunya Israel

Fòrum d'agermanament entre Israel i els Països Catalans
 
ACAIÍndexFAQCercarRegistrar-seLlista de MembresGrups d'UsuarisIniciar SessióARCCI

Comparte | 
 

 El metge gallec que va salvar jueus del Nazisme.

Veure tema anterior Veure tema següent Ir abajo 
AutorMissatge
Sayeret
מנהל


Nombre de missatges : 895
Localisation : Baix Empordà
Registration date : 22/01/2007

MissatgeAssumpte: El metge gallec que va salvar jueus del Nazisme.   Dg Maig 20, 2007 1:49 pm

MÉDICO GALEGO QUE SALVOU A MILLEIROS DE XUDEUS DO NAZIS.


AO CINE O LABOR ALTRUÍSTA DO MÉDICO GALEGO QUE SALVOU A MILLEIROS DE XUDEUS DOS NAZIS
• A súa filla, a escritora e antropóloga social, Patricia Martínez de Vicente, presentou nunha conferencia na Casa de Galicia en Madrid a documentación recentemente desclasificada polos servizos de Intelixencia Británicos que avalan a veracidade da historia protagonizada polo seu pai, o cirurxián galego Eduardo “Lalo” Martínez Alonso.
• A conferenciante lembrou algunhas das aventuras que xa contou na súa novela “Embassy e a Intelixencia de Mambrú”, coas experiencias dos seus pais en España en unión ao M15 e M16 durante a II Guerra Mundial, e na que relatou as aventuras humanas e os entramados, clandestinos dalgunhas redes de evacuación aliada ao seu paso pola Península Ibérica, sen o coñecemento do goberno franquista.
• Patricia Martínez anunciou que prepara un segundo libro, que sairá á rúa o próximo mes de outubro, sobre os salvamentos en España durante a II Guerra Mundial, con outras rutas de evacuación, a partir dos Pirineos ate Portugal e Xibraltar, e sinalou que existen conversas cun guionista e un produtor cinematográfico para levar a historia do doutor Martínez Alonso á gran pantalla.
Se no 2003 esta escritora e antropóloga galega, presentou o seu libro “Embassy e a Intelixencia de Mambrú”, na Casa de Galicia en Madrid, sorprendendo a todos os asistentes coa súa narración, agora, catro anos máis tarde e no mesmo escenario, volveu a abordar o tema pero co descubrimento de novos documentos, topados en Londres no pasado mes de xaneiro, que poñen punto e seguido á súa ardua tarefa de investigación sobre a azarosa experiencia persoal e profesional do seu pai, o médico galego Eduardo “Lalo” Martínez Alonso. Un auténtico “self made man” digno de ser protagonista dunha película de Hollywood. A permisividade de acceso aos arquivos históricos do Servizo Segredo Británico a partir de 2005, permitiu á súa filla Patricia o acceso aos informes do seu pai. “Consta nos mesmos debido a que foi distinguido en 1945 cunha condecoración polo seu labor de espionaxe”, dixo a escritora. Este recente achado imprime realismo a esta historia ocorrida na España de Franco e na Europa da II Guerra Mundial que pronto veremos no cine porque Patricia “ten guionista e produtor”, ademais de que a “II parte do libro chegará en outubro”.
O 23 de maio de 2007 o doutor Eduardo Martínez Alonso cumpriría 104 anos. Unha data que loxicamente pasa desapercibida, a pesar de que se trata do centenario do nacemento do primeiro cirurxián torácico que operou o cancro de pulmón en España a finais dos anos 1940. Acontecemento tan descoñecido para a gran maioría como o das súas heroicidades no salvamento clandestino de refuxiados estranxeiros procedentes de campos de concentración alemáns e baixo o represión de Hitler.
Primeiros meses de 1940.
Madrid sufría as feridas da posguerra. A sospeita era a única relixión deses días. Cada movemento estaba estudado e o azar, era un risco inoportuno. Ao par, Europa ardía en chamas. A II Guerra Mundial protagonizaba a historia bélica do continente. Máis de 200.000 persoas fuxiron da fronte de guerra nos primeiros días da guerra en busca dun dereito fundamental mermado polo fogo, a vida. E a moitos deles (ingleses, alemáns, franceses...), Madrid saíulles ao paso. Non en van, a súa salvación non estaba na capital de España senón que, sería Redondela, a plataforma de lanzamento á liberdade xunto cun feixe de persoas, encabezada polo galego doutor Martínez, que colaboraron no proceso de xeito altruísta. Digno de calquera panorama de represión e autoritarismo, o clasismo estaba á orde do día. Os grandes contrastes evidenciaban a vida social daquelas afíns ao réxime que gozaban ao son do piano, entre pasta de te e pasta de te, risas de champagne e cuncas de café aromático. Todo iso no escenario dun Embassy de moda, tal hoxe un café real.
Aquel elegante salón de té, situada na beirarúa nobre do Paseo da Castellana, viña sendo a dobre cara dunha mesma moeda. O elitismo snob que se codeaba no andar de arriba agochaba a desgraza humana que sobrevivía na parte de embaixo. O fame, a suciedade, o frío e as enfermidades eran o día a día no grupo de humanos que se hacinaba na rebotica a espera de poder obter unha pasaxe e fuxir a Portugal ou Xibraltar, a través do mar ou do río Miño, onde o perigo brillaba pola súa ausencia. E así, sumaron máis de 30.000 os xudeus que discorreron polas planta deste centro de operacións, negocio de Margarita Taylor, que xunto con Lalo (participara como médico da Cruz Vermella nos dous bandos) e exercía de médico da Embaixada Británica en Madrid, e outros colaboradores, colaboraban co Servizo de Intelixencia Británica. No grupo que participou nos rescates figuraban, entre outros, o agregado naval da Embaixada, Alan Hillgarth, ao que Winston Churchil nomeara coordinador do servizo secreto en España.
As misións do doutor Martínez comezaron tralas visitas ao campo de concentración de Miranda de Ebro, onde o Goberno de Franco recluía a quen chegaba a España ilegalmente, fuxindo do III Reich. Lalo atendía a estes reclusos, atestiguaba nos partes médicos que estaban doentes e posteriormente, para evitar contaxios, os trasladada a Madrid, amparados pola matrícula diplomática do vehículo que empregaba. Despois de pasar polas planta do Embassy ou a planta da dona, o destino era a casa galega do doutor “A Portela”, situada en Redondela (Pontevedra). Alí chegaban tras percorrer o traxecto Madrid-Vigo no maleteiro dun coche. Alí pasaban a noite. No embarcadoiro de Redondela agardaban un grupo de mariñeiros vigueses, que levaban aos xudeus ate Portugal ou ate naves británicas fondeadas en alta mar. Logo o médico, certificaba as súas mortes. Aínda que os rescates producíronse entre 1940 e 1944, Martínez só participou nos salvamentos durante os dous primeiros anos.
A fuga obrigada do doutor xunto coa súa esposa, aparentando unha lúa de mel en Lisboa, camiño de Londres, pechou a etapa desta apaixonante historia real tanto polos vestixios materiais que sobreviviron ao tempo como polas condecoracións oficiais que atestiguan a veracidade do feito. Unha GESTAPO excesivamente entremetida nos asuntos de España ao abeiro das simpatías do réxime de Franco marcaron o fin da súa labor humanitaria.
Unha historia ancorada no silencio
O casual achado dun manuscrito do seu pai revelou a Patricia Martínez de Vicente esta insólita e descoñecida historia, hai 17 anos. A pesar de que nin a súa nai nin o seu pai lle falaran xamais do ocorrido facía 60 anos atrás, a curiosidade desta escritora levouna algún tempo máis tarde a iniciar unha investigación minuciosa que deu o seu primeiro froito no 2003 coa publicación de “Embassy e a intelixencia de Mambrú”. Un primeiro capítulo do gran best seller que Patricia está creando a base da compilación de información, contrastada e comprobada nos arquivos correspondentes e con lecturas históricas. Xa que logo, despois dos seus períodos de exploración, a autora irrompe na actualidade con novos e insólitos datos que aclaran e que imprimen máis curiosidade á historia.
• Volve á actualidade informativa con máis datos sobre o caso?
Efectivamente. Eu sempre pensara que o meu pai rematara o seu labor de axuda ás evacuacións clandestinas cando abandonou España froito da persecución da GESTAPO. Sen embargo, unha vez en Inglaterra seguiu colaborando co Servizo Segredo Británico como responsábel das fuxidas que se realizaban polo mar de Vigo e polo río Miño. Aínda que a súa colaboración “in situ” só durou dous anos, en Inglaterra alongouse tres anos máis, deica 1945, ano en que foi condecorado. Unha información á que tiven acceso a partir do ano 2005, data na que as autoridades gobernamentais británicas fixeron públicos os arquivos do seu Servizo Secreto.
• Por que tanto silencio?
Esa mesma pregunta me facía eu pero ao acceder aos arquivos históricos entendino perfectamente, por compromiso e moralidade. O meu pai xurara unha especie de segredo profesional ás autoridades británicas da época coas que traballaba e de feito, levouse o segredo á tumba.
• Como imaxinar que un elegante salón de té agochaba un dos máis activos tentáculos do antifascismo europeo?
Non me cabe dúbida de que a gran protagonista e encargada de transmitir normalidade absoluta ao par que se daba a dualidade foi a súa propietaria Margarita Taylor. Unha auténtica muller heroína que seguiu colaborando co Servizo Segredo Británico ate o ano 1944.
• Como sospeitar que un médico, o seu pai, reservado, conservador e monárquico, era un dos colaboradores máis activos do Servizo Segredo Británico?
A miña familia era moi "progre" para a súa época, non ian a misa, pero eran de dereitas. As xeracións máis novas tedes un problema con iso, porque non entendedes que se puidese ser de dereitas sen ser en absoluto franquista.
• Vostede publica no libro nomes e apelidos de xudeus salvados polo seu pai... Tivo noticias ou segue nesa liña de investigación?
De momento non pero podo anunciar a día de hoxe que en outubro se publicará a segunda parte do libro con moita máis información que recompilei ao longo deste tempo e que, incluso, sorprendeume a miña mesma. Ademais, estou moi feliz porque haberá película, teño guionista e produtor.

http://agai-galicia-israel.blogspot.com/2007/05/mdico-galego-que-salvou-milleiros-de.html
Tornar a dalt Ir abajo
Veure perfil de l'usuari http://www.thereligionofpeace.com/
tlisboa



Nombre de missatges : 102
Age : 37
Localisation : Tarragona
Registration date : 09/02/2007

MissatgeAssumpte: Re: El metge gallec que va salvar jueus del Nazisme.   Dg Maig 20, 2007 8:52 pm

Muy interesante la historia... ya se lo ha enviado al Yad Vashem???
Tornar a dalt Ir abajo
Veure perfil de l'usuari
 
El metge gallec que va salvar jueus del Nazisme.
Veure tema anterior Veure tema següent Tornar a dalt 
Pàgina 1 de 1

Permisos d'aquest fòrum:No pots respondre a temes en aquest fòrum
Catalunya Israel :: Catalunya Israel :: Fòrum d'Història-
Canviar a: